SUBVENCIÓNS

O obxectivo é apoiar iniciativas xurdidas no propio sector agroalimentario e forestal para dar resposta a retos e oportunidades en materia de seguridade alimentaria, diversificación das producións e produtos e subministración de materias primas para usos alimentarios e non alimentarios.

A convocatoria lanzarase durante o último trimestre de 2020 dentro do Programa Nacional de Desenvolvemento Rural 2014-2020. Con esta medida apoiarase a creación destes grupos supraautonómicos, así como a execución dos seus programas de traballo. O límite máximo de axuda por agrupación beneficiaria fixouse en 600.000 euros e os proxectos deberán finalizar antes de marzo de 2023.

Poderán solicitar as subvencións aquelas agrupacións de, polo menos dous membros independentes entre si, que teñan carácter supraautonómico ou sexan de ámbito nacional e conciten distintos perfís profesionais (agricultores e gandeiros, selvicultores, interprofesionais, investigadores ou centros tecnolóxicos, universidades, industrias agroalimentarias ou da madeira e outros produtos forestais, ONG ou grupos de acción local, entre outros).

PAC EUROPEA

As axudas dá Unión Europea na actualidade son unha importante fonte de ingresos para as explotacións agrícolas e gandeiras, polo que é moi importante unha óptima xestión dás mesmas.

Asesorámosche para que obteñas a máxima rendibilidade ás túas axudas comunitarias : Solicitude Unificada, xestión da Reserva Nacional para mozos agricultores …

AGROINDUSTRIA

Poñemos a túa disposición a nosa amplia experiencia na realización de proxectos agroindustriales (tratamento e envasado de leite e produtos lácteos, queixerías, plantas de tratamento e envasado de mel, castañas, setas, patacas, salas de despiece, venta directa…) para darlle a mellor solución o teu proxecto.

Estamos especializados na elaboración de APPC e no análise de puntos críticos.

PLANES DE MELLORA

Axuda autonómica anual destinada a modernización e mellora das explotacións existentes.

As axudas da Unión Europea na actualidade son unha importante fonte de ingresos para as explotacións agrícolas e gandeiras, polo que é moi importante unha óptima xestión das mesmas.

INCORPORACIÓN MOZOS AGRICULTORES

Para mellorar os resultados económicos das
explotacións agrarias e facilitar a súa modernización, estas subvencións están destinadas á reestruturación das explotacións agrarias facilitando a incorporación de novo persoal. Destinadas o relevo xeneracional das actividades existentes ou a creación de novas empresas agrarias.

AXUDAS GDR PARA INNOVADORES

Co obxectivo de apoiar iniciativas xurdidas no sector agroalimentario e dar oportunidades en diversificación das producións e subministración, destínanse subvencións para axudar á túa empresa. Contacta connosco e asesorarémosche sobre a mellor maneira de levar a cabo o teu proxecto en materia de innovación.

PLAN RENOVE

 

Tramitación de axudas destinadas á renovación de maquinaria agrícola das explotacións agrícolas e gandeiras, mediante a adquisición de maquinaria nova e despezamento de maquinaria obsoleta e con deficiencias de seguridade.