PROXECTOS

A situación actual do sector agrario e gandeiro esixe empresas cada vez máis competitivas, avanzadas tecnoloxicamente e dinámicas,optimizando todos os recursos dispoñibles para sobrevivir neste mundo globalizado.

A nosa empresa é unha referencia no sector a nivel autonómico e estatal, polo que poñemos á túa disposición nosa ampla experiencia de máis de 20 anos, ofrecéndoche un estudo persoal e profundo da situación da túa explotación, cara a reducir custos, mellorar os recursos dispoñibles e realizar aqueles investimentos que se estimen necesarias.

cow

VACUNO

Comprometémonos a realizar un estudo integral da túa explotación, analizando a situación actual, reformas a realizar e instalacións a ampliar.

Asesorámosche para que realices os teus investimentos co menor custo posible e empregues aqueles materiais e instalacións máis punteiras tecnoloxicamente e consigas a maior rendibilidade. Realizamos proxectos de reforma e ampliación de cortellos de vacún de leite e carne, zonas de muxido, silos, fosas de xurro, almacéns…

chicken

PORCINO

As explotacións de porcino (ciclo pechado, cebo, nais…) en réxime intensivo e extensivo son empresas moi avanzadas tecnoloxicamente e que requiren un alto grao de profesionalidade e de especialización.

Somos responsables do deseño e posta en funcionamento dun considerable número de explotacións de porcino, punteiras a nivel autonómico, polo que nos poñemos á túa disposición para deseñar e poñer en funcionamento a túa actividade ou para mellorala e modernizala.

chiken

AVES

As explotacións avícolas (pitos, pavos, patos, galiñas…) en réxime intensivo e extensivo son empresas moi avanzadas tecnoloxicamente e que requiren un alto grao de profesionalidade e de especialización.

Somos responsables do deseño e posta en funcionamento dun considerable número de explotacións avícolas, punteiras a nivel autonómico, polo que nos poñemos á túa disposición para deseñar e poñer en funcionamento a túa actividade.

Así mesmo, se posúes unha explotación avícola e non sacas o máximo rendemento ao teu sistema informático, comprometémonos a asesorarche cos nosos especialistas para mellorar as túas producións.

factory

AGROINDUSTRIAL

O sector agroindustrial ten unha gran importancia a nivel autonómico, cara a sacar a máxima rendibilidade posible ás nosas materias primas de orixe agrícola e gandeiro.

Poñemos á túa disposición nosa ampla experiencia na realización de proxectos agroindustriais (tratamento e envasado de leite e produtos lácteos, queserías, plantas de tratamento e envasado de mel, castañas, cogomelos, patacas, salas de despezamento, venda directa…) para darlle a mellor solución ao teu proxecto.

Estamos especializados na elaboración de APPC e na análise de puntos críticos.