Novas
Según a xustiza europea o complemento de maternidade da pensión será igual para os homes

Según a xustiza europea o complemento de maternidade da pensión será igual para os homes

Segundo o TXUE, o complemento por maternidade por achega demográfica á Seguridade Social nas pensións contributivas de xubilación, viuvez e incapacidade permanente causadas a partir do 1 de xaneiro do 2016. En España atópase recollido no artigo 60 da LGSS tamén debe recoñecerse aos pais que cumpran os requisitos legais, concedéndose o suplemento a un home que percibe unha pensión de invalidez.

A sentenza do Tribunal de Xustiza da Unión Europea do 12 de decembro de 2019, en consonancia da Directiva 79/7/CEE do Consello, do 19 de decembro de 1978, relativa á aplicación progresiva do principio de igualdade de trato entre homes e mulleres en materia de seguridade social,

“oponse a unha norma nacional, como a española, que establece o dereito a un complemento de pensión para as mulleres que tivesen polo menos dous fillos biolóxicos ou adoptados e sexan beneficiarias de pensións contributivas de incapacidade permanente en calquera réxime do sistema de Seguridade Social nacional, mentres que os homes que se atopen nunha situación idéntica non teñen dereito a tal complemento de pensión”

en contra do criterio mantido polo Pleno do Tribunal Constitucional o 26 de outubro de 2018, cando establecía no seu auto que:

“non resulta arbitrario nin irracional excluír do complemento de maternidade a aquelas nais (de dúas ou máis fillos) que, ao acceder voluntariamente á xubilación anticipada, opten por acurtar o seu período de cotización”.

Polo que todos os homes, con dereito, ás devanditas prestacións, poden poñerse en contacto connosco para iniciar a reclamación correspondente á que se ten dereito, acompañándonos copia do libro de familia, acreditativo de ter polo menos dous fillos (sexan naturais ou adoptados) para, o máis axiña posible, realizar a reclamación correspondente, antes de que se produza un cambio normativo que en todo caso non podería conculcar os dereitos adquiridos con anterioridade.