Axudas convocadas e recordatorios xaneiro 2021

RECORDATORIO DECLARACIÓN DE CENSO EXPLOTACIÓNS AGRARÍAS

01/01/2021 - 01/03/2021

É obrigatorio facer a declaración de censo das explotacións avícolas, porcino, ovino, caprino, equino e apícolas antes do 1 de marzo de 2021. Dito tramite pódese facer a través da oficina agraria virtual.


AXUDAS POR DANOS DE LOBO E XABRIL

12/01/2021 - 30/09/2021

Aberto prazo para solicitar axuda para paliar danos producidos polo lobo e xabaril: 1 mes para danos comunicados desde outubro 2020 á actualidade e o mesmo para os danos posteriores desde a comunicación do dano no 012 que debe facerse nas 24 horas posteriores o ataque no caso do lobo e un máximo de 3 dias no caso de explotacións extensivas ou danos do xabaril (sen conste da tramitación).


AXUDAS PREVENCIÓN DANOS FAUNA SILVESTRE

13/01/2021 - 12/02/2021

Aberto o prazo para solicitar axudas: pastores eléctricos, peches móbiles de mallas electrificadas e valados fixos: electrificados ou con malla gandeira ou cinexética metálica e cans. As solicitudes poderanse enviar ata o día 10 de febreiro. Para peches é imprescindible título de propiedade da parcela e ter permiso. A tramitación das solicitudes terá un coste de 50€ no caso dos pastores, 150€ no caso de peches e 50€ no caso dos cans e no caso de seren aprobadas a certificación das axudas terá un coste de 50€, 100€ e 50 € respectivamente.


AXUDAS IGAPE EMPRENDEMENTO AUTÓNOMOS

08/01/2021 - 22/02/2021

Aberto o prazo para solicitar axudas IGAPE emprendemento ata 22/02/2021. Poderán ser beneficiarios destas axudas os autónomos e as pequenas empresas que realicen una actividade económica DISTINTA DA PRODUCCIÓN AGROGANDEIRA e teñan MENOS DE 42 MESES (3,5 ANOS) DE ALTA NA ACTIVIDADE A DATA DE SOLICITUDE DA AXUDA (80% dos costes subvencionables).


AXUDAS ELABORACIÓN E COMERCIALIZACIÓN DE VIÑO

13/01/2021 - 29/01/2021

Aberto o prazo ata 29/01/2021 para solicitar axudas para a elaboración e comercialización de viño. Poden solicitala empresas vitivinícolas, as organizacións de produtores vitivinícolas, as asociacións de dous ou máis produtores e as organizacións interprofesionais. Serán subvencionables os custos de construción, adquisición ou mellora de bens inmobles, a compra de nova maquinaria e equipamentos ata o valor de mercado do produto, así como a adquisición ou o desenvolvemento de soportes lóxicos de ordenador e de patentes, licenzas, dereitos de autor ou o rexistro de marcas colectivas.


AXUDAS POR SACRIFICIO OBRIGATORIO DO GANDO

14/01/2021 - 30/11/2021

Convocadas as axudas da xunta por sacrificio obrigatorio do gando ata 30/11/2021. Para a súa solicitude é necesario aportar xustificantes do sacrificio dos animais no matadoiro ou documento de acompañamento comercial de subprodutos animais e documentos acreditativos da inscrición dos animais sacrificados de razas autóctonas nos libros xenealóxicos da raza, no seu caso.


AXUDAS INEGA

15/01/2021 - 15/02/2021

O Instituto Enerxético de Galicia (INEGA) publicou a convocatoria de axudas para instalacións fotovoltaicas no sector primario. Para realizar o estudo de viabilidade técnica e económica, sen ningún tipo de custo, precisariamos as últimas 12 facturas de electricidade para poder coñecer o aforro que suporía un investimento deste tipo.


ORZAMENTO PARA INSTALACIÓNS FOTOVOLTAICAS 1.500.000€
BENEFICIARIOS Empresas do sector primario recollidas nas clases 1.11 a 02.40 do CNAE 2009
SOLICITUDE POR CONCURRENCIA COMPETITIVA Solicitudes do 15 de xaneiro do 2021 ata o 15 de febreiro 2021.
CUANTIA DA AXUDA.
  • Pequenas empresas 50 % da inversión.
  • Medianas empresas 40 % da inversión.
  • Grandes empresas 30 % da inversión.
CONTÍA MÁXIMA POR PROXECTO 100.000 € 
POTENCIA MÁXIMA DOS PANEIS 100 kWp